El miércoles 11 de mayo, el alcalde, José Manuel Mouzo Castiñeira, acudió a la Deputación Provincial de A Coruña para asinar xunto con Goretti Sanmartín, Deputada de Cultura e Normalización Lingüística, e o Secretario Xeral da Deputación, o Convenio da Rede Cultural para o 2019.
Para quen non o coñeza, o PROGRAMA DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, consta de 4 programas de difusión cultural que a Deputación da Coruña convoca co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.
Mediante esta convocatoria, a Deputación da Coruña, ademais de facilitar ós concellos e a outras entidades de carácter social, o coñecemento de diferentes espectáculos e compañías que se están a desenvolver en Galiza, fomenta e facilita a súa contratación o subvencionar parte do custo do custo que cada contratación supón para o concello ou entidade en cuestión.
No noso caso, esta subvención chega a cubrir o 75% do caché de cada espectáculo.
ACTUACI?NS CONTRATADAS E QUE SE VAN A CONTRATAR ? LONGO DO 2019 NO CONCELLO DE LAXE
O programa de espectáculos que se desenvolverán este ano no noso concello, grazas á convocatoria do Programa da Rede Cultural deste ano, serán os seguintes:
PROGRAMA ALICERCE: GRUPOS DE MÚSICA, DANZA E TEATRO NON PROFESIONAIS