CON "M" DE MULLER: #CÓIDATE, QUÉRETE

Dende o 27-02-2018 ata o 31-03-2018

Por terceiro ano consecutivo, dende a Concellería de servizos sociais, emprego, igualdade e cultura, presentamos o programa de actividades que baixo o epígrafe “#Cóidate, Quérete” desenvolveremos durante este mes de marzo que, con “M” de muller, con motivo da celebración neste mes do Día Internacional da muller, queremos centralizar neste colectivo, aínda que a programación estea aberta á participación de ambos sexos e así desexamos que sexa dende o concello.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Iniciaremos a programación coa inauguración unha exposición fotográfica adicada á muller titulada “Femme” do autor Senén Ínsua, procedente de Corcubión, A Coruña.

A exposición, composta por un total de case 20 obras, poderá ser visitada dende o xoves día 8 de marzo a partir das 10 da mañá no 2º andar da Casa do Concello en horario de apertura de oficinas durante a semana, de 8.00 a 15.00 horas, e os sábados do mes de marzo de 10.00 a 14.00 horas.

En palabras do propio autor: “Femme é unha seríe fotográfica que, dende unha perspectiva critica e directa, pretende afondar nos problemas que atinxen as mulleres na actualidade; dende os roles de xénero instituidos socialmente dende a infacia, ao sentimento de culpa sobre a visibilidade do seu corpo pasando por as trabas impostas a nivel laboral, cultural, estético e intelectual.”

TEATRO DE AVOAS: OBRA ?INSEGURIDADES????

Creada e protagonizada na súa totalidade por mulleres adultas veciñas do noso concello.

O domingo 11 ás 7 da tarde no Salón de Actos Municipal, terá lugar a representación da obra “inseguridades”.

Participarán na presentación un grupo de rapazas novas, “Juapas, con J” e tamén o grupo de Pandereteiras Andora.

#Cóidate, Quérete:

CHARLA-OBRADOIRO DE COMIDA SAUDABLE

Impartida pola asesora nutricional Noa Vázquez Rendal, o sábado 10 ás 5 da tarde, no Local Social Valle Inclán terá lugar esta actividade na que as persoas asistentes poderán aprender e practicar diferentes hábitos dunha alimentación saudable, coñecer cales son os erros maís comúns da nosa dieta diaria e cales son os hábitos saudables que debemos acadar para manter forte a nosa saúde. Tamén se cociñará algunha receita con ingredientes sans que deben formar parte da nosa alimentación.

ZUMBA NA RÚA

Pódese achegar quen queira a facer exercicio, o sábado 17 ás 5 da tarde, na Praza de Ramón Juega ou en parvulitos (Praza dos Voluntarios) se o tempo non acompañara.

MARCHA SAUDABLE

Terá lugar esta marcha o domingo 18, con saída ás 11 horas de diante da Casa do Concello e cuxo itinerario percorrerá diferentes rúas de Laxe.

Ó finalizar á marcha, na Praza dos Voluntarios, haberá avituallamento para as persoas que participen na marcha.

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL

O mesmo día que a marcha, de 5 a 8 da tarde, no Pavillón Polideportivo municipal, terá lugar este obradoiro, no que as persoas participantes poderán aprender diferentes técnicas de defensa persoal que farán que se incrementen sen dúbida os niveis de seguridade, autonomía e autoestima persoal.

O obradoiro está destinado a mulleres a partir dos 12 anos.

Para poder participar neste obradoiro, é imprescindible inscribirse previamente no concello.

O obradoiro será impartido por Nelson Moreno Cuta, mestre con formación específica neste ámbito.


Chame ós Departamentos de Servizos Sociais ou Cultura do concello e infórmese sen compromiso.

Anímate a participa!

Portal cidadán de Laxe © by Abertal