ACTUACIÓNS DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Dende o 15-02-2019 ata o 31-05-2019

Para este curso escolar, as datas das actuacións que ten programadas a ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO de LAXE ata o momento, son as seguintes:

  • No Teatro Principal de Ourense ás 11:30 horas en colaboración coa ONG Meniños, de apoio á infancia, o venres, 8 de febreiro.
  • Na IX Mostra de Teatro Escolar de Touro o domingo, 31 de marzo, na Casa de Cultura desta localidade ás 13:00 horas. Haberá un roteiro poético, musical e teatral pola aldea de Brandelos ás 11:00 horas.
  • No XII Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei que se celebrará o sábado, 6 de abril, na Casa de Cultura desta localidade. Haberá un roteiro teatral, musical e poético no Castelo de Pambre.
  • Na II Mostra de Teatro Escolar de Santiago o domingo, 7 de abril, no Teatro Principal de Santiago. Haberá un roteiro teatral, musical e poético en Santo Domingo de Bonaval.
  • No VII Festival de Teatro Escolar da Estrada, que organiza o IES Antón Losada Diéguez, o domingo 5 de maio, no Teatro Principal desta localidade. Haberá un roteiro teatral, musical e poético por unha aldea do Concello.
  • En Pisa e Bologna (Italia) na viaxe con marcado carácter didáctico por esas cidades os días 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18 e 19 de maio.
  • Na XII Mostra de Teatro escolar de Laxe, TEATRAPA o sábado, 25 de maio. Haberá un roteiro musical, teatral e poético polas rúas de Laxe organizado en colaboración con diferentes Asociacións musicais e culturais do Concello de Laxe.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal