RESULTADOS DA 3ª EDICIÓN DO CONCURSO DE TORTILLA DOCE

Dende o 31-05-2019 ata o 28-06-2019

Un ano máis, o Departamento de Cultura do Concello de Laxe, quere contribuír á promoción e á animación musical da festividade do Día do Peñón.

Para elo, ten todo preparado para a actuación da CHARANGA OS CAMPANTES DA BAÑA e do GRUPO DE PANDEREITAS ANDORA DE LAXE para esta xornada.

As actuacións realizaranse a partir das 18.00 horas, xusto ó remate da entrega dos premios do III CONCURSO DE "A MELLOR TORTILLA DOCE DO PEÑÓN"!, co cal se pretende promocionar, dar a coñecer e fomentar a transmisión de coñecementos interxenacionais respecto dun dos platos típicos que se veñen realizando dende antigo durante dita celebración, a tortilla doce.

MÁIS INFORMACIÓN DA CHARANGA OS CAMPANTES DA BAÑA


A ASOCIACIÓN CULTURAL E MUSICAL OS CAMPANTES DA BAÑA, formou o grupo no ano 2000.


Con esta formación percorreron toda a xeografía galega, así como diversos puntos da xeografía española e do extranxeiro.

Dende os seus comezos, adícanse á recollida e difusión da música tradicional galega.


O seu espectáculo "DE ROMERÏA" é un espectáculo creado para a animación de festas e romerías no que interpretan repertorio que sonou na primeira metado do século XX por toda Galiza.

A contratación da CHARANGA OS CAMPANTES DA BAÑA, realízase a través do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.


Mais información do programa en:
http://www.facebook.com/daccultura

Portal cidadán de Laxe © by Abertal