NOVA OBRA TEATRAL DAS "JUAPASCONJ" DE LAXE

Dende o 12-06-2019 ata o 30-06-2019


Fai catro anos, unhas rapazas e unha nai, decidiron formar un grupo de teatro, sin ningunha experiencia pero con un montón de ilusión.
Empezaron como grupo de teatro "amateur" porque non tiñan nin idea, pero sí moitas ganas. Ganas de aprender e sobre todo, de perder un pouco de vergoña.

Así nacía « Juapas con J»...

Despois de moito traballo,sacrificio e de tres obras e unha por estrear, xa son unhas verdadeiras veteranas con moi pouca vergoña.

Se queres coñecer a súa ÚLTIMA CREACIÓN: " 7 estranas e 1 virus", achégate ESTE SÁBADO 29 de XUÑO ás 20.00 horas Ó SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL DE LAXE.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal