INSCRICIÓNS ABERTAS PARA O CURSO 2019-2020 DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Dende o 10-10-2019 ata o 31-10-2019

As clases da Escola Municipal de Teatro desenvolveranse en grupos de idades diferenciados e terán lugar, como viña sendo costume, os venres a partir das 18.30 horas.

Serán impartidas por Silvia María Losada Crende.

Durante o curso escolar 2019-2020, organizaranse diferentes actuacións tanto dentro do noso concello como fóra deste.

Anímate e proba a experiencia!

Nos seguintes enlaces podes descargar as follas de inscrición para menores de idade e maiores.

Aínda que podes adiantar a folla por email dirixido a cultura@concellodelaxe.com para reservar praza, os orixinais deben entregarse en todo caso nas Oficinas Xerais ou de Cultura do Concello de Laxe.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal