OBRA TEATRAL DA COMPAÑÍA TALÍA: "ROSA CARAMELO"

Dende o 16-10-2019 ata o 31-10-2019

Para este domingo, como actuación enmarcada na XIII Edición da Mostra de Outono de Teatro de Laxe, teremos unha actividade teatral dirixida a público familiar da man de Talía Teatro titulada "Rosa Caramelo".

Actividade subvencionada polo programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística, FalaRedes.

SINOPSE

Illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo... Cando seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abriralles o camiño da igualdade ás súas compañeiras.

Rosa caramelo e outras historias é un espectáculo teatral de dinamización lingüística creado a partir dos contos de Adela Turín que lles dá a volta a roles e estereotipos de xénero. 

Rosa caramelo
combina a palabra coa música en directo, para crear unha atmosfera adecuada coa que desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

ELENCO

Interpretada por Artur Trillo con música en directo de Fernando Fraga e baixo a dirección de Paula Carballeira.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal