IX MAGOSTO E MOSTRA DE ARTESANÍA

Dende o 07-11-2019 ata o 30-11-2019

Nun intento por facer da celebración do magosto unha festa gastronómica con identidade propia, dende o Departamento de Cultura, levamos nove anos facendo un esforzo por darlle un enfoque multidisciplinar e integrador á celebración desta data.

Xorde así a iniciativa de realizar a celebración dun magosto, que si xa só de por si entendemos que pón en valor os productos alimenticios locais, pretende como valor engadigo, durante toda unha tarde, ofrecer un espazo de lecer compartido para pequenos, medianos e maiores, que favoreza as relacións interxeneracionais e familiares, así como o coñecemento e posta en valor tanto de persoas que individualmente ou participando en diferentes entidades asociativas, preferentemente sen ánimo de lucro, realizan diferentes artesanías e manualidades durante o ano.  

Deste xeito, a partir das 17.30 horas da tarde e ata as 20.30 horas, no Pavillón Polideportivo Municipal de Laxe, xa que tanto as condicións climatolóxicas e os requerimentos técnicos e de espazo impiden a súa realización noutros espacios, ademais do tradicional reparto de castañas e bebidas entre as persoas asistentes, haberá:

  • RINCÓN CON XOGOS para toda a familia.
  • INCHABLE
  • OBRADOIROS de demostración dalgunhas das artesanías que serán expostas e das que iremos ofrecendo máis detalles según se vaia aproximando a data.
  • MÚSICA AMBIENTAL E FESTIVA EN DIRECTO protagonizada por diferentes agrupacións musicais locais.
  • MOSTRA DE ARTESANÍA na que participarán diferentes veciños e veciñas de Laxe, Asociacións municipais e comarcais, así como outras persoas que chegan de concellos veciños da Galiza amosando ó público asistente ás súas habilidades e destrezas na realización de diferentes productos artesanais.

MOSTRA DE ARTESANÍA 2019

Ó respecto da mostra, ata o MÉRCORES 13 de novembro, o Concello de Laxe terá un PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO para que todas as persoas e entidades de carácter social interesadas en participar na MOSTRA fagan a súa solicitude que poderán tramitar tanto de maneira telemática como presencialmente nas oficinas de cultura da Casa do Concello.

No caso de ter que realizar unha selección das persoas/entidades expositoras por motivos de aforo do espazo, os criterios de selección serán os seguintes:

1º) Terán preferencia as persoas e entidades residentes ou con sede social no Concello de Laxe.

2º) A orde de presentación da solicitude determinará a participación na mesma, criterio que só se poderá ver alterado en caso de exclusión, sempre e cando:

- A solicitude non se axuste ó modelo normalizado que se facilitará tanto vía web, email ou presencialmente na Casa do Concello.

- As condicións e características da exposión proposta non se axusten ós requisitos mínimos fixados pola organización, ou

- Exista un mínimo de dúas solicitudes aceptadas que sexan anteriores en data e que conten co mesmo contido expositor que o ofertado en 3º lugar. Motivo polo cal poderá ser exluído da selección realizada.

Para máis información e formar parte activa da proposta, podes poñerte en contacto co Departamento de Cultura do Concello no teléfono 610 95 20 17 ou enviando un email a cultura@concellodelaxe.com.

Agardamos que tanto veciños e veciñas como todas as persoas que nos visiten nesta fin de semana, gocedes desta iniciativa o máximo posible.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal