GAÑADORES/AS DOS 2 CERTAMES CONVOCADOS CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2020

Dende o 10-06-2020 ata o 30-06-2020

Cos obxectivos de dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero, así como promover a creatividade e participación veciñal activa na creación, difusión e promoción cultural do Concello de Laxe, este ano, convocamos dous Certames durante o "Mes das Letras", maio do 2020:

  • CERTAME INFANTIL DE ILUSTRACIÓN DA OBRA: "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
  • CERTAME XUVENIL E ADULTO DE RECITADO DE POESÍA DALGÚN DOS POEMAS SELECIONADOS DA PUBLICACIÓN "RETICÉNCIAS", ambos do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

RESULTADO

Enlace ao poema Somos recitado por Antía Martínez Castro.

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de diplomas e agasallos ás persoas gañadoras, realizarase o venres ás 18.30 horas no Salón de Plenos Municipal, nun acto celebrado na intimidade que permita garantir as medidas de seguridade e hixiene esixidas pola COVID-19.

Farán entrega dos premios: o alcalde do Concello de Laxe, José Luís Pérez Añón, e a Concelleira de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, Raquel Lema Allo.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal