XIV MOSTRA DE OUTONO DE TEATRO

Dende o 07-10-2020 ata o 07-11-2020



APRAZADAS ATA NOVO AVISO AS ACTUACIÓNS DE PÍSCORE e TALÍA TEATRO polas circunstancias actuais da pandemia da COVID-19.


Agardamos poder confirmar as novas datas destes espectáculos o máis axiña posible.

O ESPECTÁCULO 

O cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma. 

En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos.


SINOPSE 
Antes de nacer xa era diferente por iso percorreu un camiño sorprendente. Noites e días foron pasando e fermosos lugares foi atopando.  Subir, baixar, baixar, subir canto camiño queda aínda por vivir.

Canta xente por coñecer, achégate e anímate a percorrer! 

FICHA 
Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano

Interpretación: Atenea García e N. Zamorano

Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano

Produción: Xarope Tulú, compañía adicada ás artes escénicas para pequenas e pequenos, fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal