ORIENTACIÓN LABORAL

SERVIZO ORIENTACIÓN LABORAL

O Concello de Laxe ten como finalidade promover a inserción laboral de todas aquelas persoas que atopen dificultades para acceder ou mellorar a súa situación no mercado laboral.

Para acadar este obxectivo o noso Concello pon en marcha os seguintes servizos:


ORIENTACIÓN LABORAL

Logo Servicio Público de Emprego de Galicia

O Concello de Laxe dende o ano 2007 forma parte da rede de Centros Colaboradores en materia de Orientación Laboral para o emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

OBXECTIVOS

Os obxectivos que definen as accións de orientación profesional son:
§Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
§Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante
§Optimiza-la oferta formativa existente
§Compatibiliza-la demanda da persoa coa oferta existente
§Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñece-las persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

TIPOS DE ACCIÓNS

As accións de orientación laboral da persoa desempregada seguen estos pasos:
§Entrevista Profesional-Ocupacional en profundidade para coñecer o seu perfil.
§Itinerario de Inserción Laboral analízanse as súas capacidades e crease o seu itinerario profesional, con accións formativas concretas.
§Información Profesional dentro do espacio territorial da súa busca de emprego.
§Busca Activa de Emprego mediante grupos de traballo, o usuario/a planifica e organiza a busca de emprego asesorado/a por unha técnica que coordine todo o proceso.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal