PRESTACION POR FILLO MENOR A CARGO (XUNTA DE GALICIA)

Concepto

Concesión dunha prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo.


Persoas beneficiarias

·Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ejercicio anterior nen elas nen ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos , a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
·Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
·Os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE número 10, do 12/01/2000) e os requisitos establecidos na presente norma e tiveran a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

»Quedan excluídas:

·As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2007 os 22.000 €, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.
·Os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos ou se a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.


Requisitos

·Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
·Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.


Contía da axuda

Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.


Documentación

·Solicitude e anexos
·Fotocopia do DNI/NIF ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
·Autorización dos membros da unidade familiar para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)
·Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
·Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
·Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
·Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
·Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
·Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo III).
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano anterior e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude e copia do DNI/NIF, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.

As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:
·En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
·No caso de parellas de feito, certificado de convivencia, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
·En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.


Prazo:

40 días naturais contado a partir do día seguinte ó da publicación da orde.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal