RISGA (RENDA DE INTEGRACION SOCIAL DE GALICIA)

Concepto

É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.


Requisitos

1. Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Entendese por residencia efectiva aquela que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce.


Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano:

·Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que proceden, sempre que na lexislación desa Comunidade se recolla a reciprocidade.
·As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
·Os emigrantes galegos retornados cando fixen a súa residencia en Galicia. Asemade, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar a súa residencia en Galicia.


Os cidadáns e as cidadás doutros estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da formulación da solicitude.

·Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada económicamente á persoa solicitante.
·Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos.


Non obstante, tamén poderán ser beneficiarios:

a.Menores de 25 anos, que reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ó seu cargo.
b.Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusvalía, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
c.Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
d.As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.

·Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que no seu caso lle corresponda.
·Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes, das que exista constancia no expediente.


Documentación

·Solicitude.
·Copia cotexada do DNI do/da solicitante e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia.
·Xustificación documental que proceda no caso de ser titular doutros bens mobles ou inmobles.
·Copia cotexada do certificado de Minusvalía no suposto de que o/a solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de discapacitado/a.
· No caso de ser vítima de violencia doméstica que cambia o seu domicilio por motivos de seguridade deberá presentar solicitude de orde de protección.
·No caso de persoas cidadás procedentes doutros estados deberán presentar copia do pasaporte ou DNI en vigor e copia da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros, cando estean obrigados/as a obtelo. No caso de persoas cidadás de estados non membros da Unión Europea, Espazo Económico Europeo ou Confederación Suíza deberán presentar, en todo caso, copia cotexada da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros ou da resolución de concesión do permiso de residencia.



·No caso de persoas cidadás procedentes doutras CC.AA. do estado español que sexan beneficiarias do salario social da CC.AA. da que proceden, deberán presentar copia cotexada da resolución de outorgamento.
·No caso de persoas emigrantes que fixasen a súa residencia no territorio da CC.AA Galega deberán presentar copia cotexada da baixa consular e acreditación documental da súa última veciñanza administrativa anterior á emigración en calquera dos concellos da CCAA.
·No caso de persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta deberán acreditar a devandita situación.
·No caso de que o/a solicitante estivese empadroado/a durante o ano inmediatamente anterior nun ou varios concellos da Comunidade Autónoma distintos a aquel no que tramitara a solicitude, deberá xuntar os certificados de empadroamento que procedan.
·No seu caso, acreditación de ingresos de todos/as os/as convivintes (IRPF, nómina, etc)
·Certificacións de empadroamento do/a solicitante durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude.
·Certificado de convivencia
·Certificado de titularidade de vehículos de tracción mecánica inscritos no correspondente padrón respecto a todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.
·Informe Social
·Proposta(s) de proxecto(s) de inserción que corresponda(n)
·Proposta de resolución


Prazo

Aberto todo o ano


Portal cidadán de Laxe © by Abertal