AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL (AES)

Concepto

Son axudas económicas de pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Para os efectos desta norma considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente non cubertas polos diferentes sistemas de protección.


Requisitos

. Ser maior de idade.
. Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
. Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia. (Ingresos non superiores ó 125% do importe do subsidio básico máis o complemento familiar da RISGA que lle correspondería.)
En ningún caso se poderá conceder máis dunha axuda para situación de emerxencia social por unidade de convivencia ó ano.


Documentación

·Solicitude.
·Copia do DNI/NIF do solicitante e membros da unidade de convivencia obrigados a obtelo
·Copia do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana no caso de dispoñer de vivenda propia
·Certificado de Minusvalía no suposto de que o/a solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de discapacitado.
·Xustificación documental que proceda no caso de ser titular de bens e dereitos distintos dos mencionados
·Certificacións de empadroamento da persoa solicitante.
·Certificado de titularidade de vehículos inscritos no correspondente padrón respecto a tódolos membros maiores de idade da unidade de convivencia.
·Informe Social
·Proposta de resolución


Prazo

Aberto todo o ano


Portal cidadán de Laxe © by Abertal