Presentación

ASOCIACIÓN DE MINUSVÁLIDOS “O PEÑÓN”

A Asociación de Minusválidos “O Peñón” busca a incorporación integral das persoas con discapacidade, en tódolos ámbitos da sociedade. Actuamos desde o individuo e o seu entorno máis próximo (familia e amigos) ata chegar ás institucións públicas e as empresas.

Para conseguilo actuamos promovendo a rehabilitación física, o asesoramento, a eliminación de barreiras arquitectónicas, e a concienciación da igualdade.

Para acadar tales fins promovemos diferentes iniciativas:

- Contamos cun servizo gratuíto de fisioterapia

- Asesoramos sobre axudas, ofertas educativas ou laboráis

- Programamos actividades de lecer (excursións e actividades deportivas)

- Ofrecemos cursos de formación

- Vixiamos a accesibilidade a establecementos públicos

- Etc.

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTE: Ricardo Facal Castiñeira

VICEPRESIDENTE: Juan Carlos García Castiñeira

SECRETARIO: Francisco Javier Pose Santos

TESOUREIRO: Salvador Gil Varela


Portal cidadán de Laxe © by Abertal