Programa para a Muller

Pretendemos crear un plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres coa pretensión de mellora-la situación das mulleres neste concello, erradicando as desigualdades que aínda existen por razón de sexo e incidindo en áreas como a laboral, emprego, saúde, violencia, cultura....

-CURSOS DE INFORMÁTICA ON LINE DE BALDE:
No mes de Xullo, o Instituto da Muller puxo en marcha un programa de formación para mulleres, na área de informática baixo a modalidade de Teleformación, no marco do Proxecto C-TEST coa colaboración do Fondo Social Europeo.

As características dos cursos son:
*Cursos de Balde.
*Modalidade teleformación, (on line), con total liberdade de horario e cun tutor de apoio.
*Duración: 8 semanas (85 Horas lectivas).
*Dirixido a mulleres desempregadas inscritas nas Oficinas de Emprego como demandantes de emprego e a mulleres traballadoras inscritas en situación de mellora de emprego.
*Inicio: Inmediato (edicións tódalas semanas, deica a finais de Outubro).

Os cursos de informática serán de Contaplus, Windows e Internet, MS Office, Deseño de Páxinas Web, Deseño Gráfico, Deseño Publicitario, Programación en Visual Basi.net, Programación en Xava, Oracle.
Os participantes deberán ter acceso a Internet e dispoñer de Hardware e Software necesario para cada curso. Ó rematar o curso entregarase o correspondente certificado a todas aquelas que completaran tódolos módulos.

Para ampliar esta información, pode contactar con CIFESAL (a entidade xestora do programa de teleformación) por medio de:
*Teléfono: 901116840
*E-Mail: ana.gallego@cifesal.com
Y en la siguiente dirección: www.tt.mtas.es/mujer-ctest/teleforma


Portal cidadán de Laxe © by Abertal