Presentación

Dende o Departamento de Cultura do Concello de Laxe tratamos de ofrecer durante todo o ano unha oferta cultural escollida de forma minuciosa combinando diferentes estilos e abarcando as diferentes manifestacións culturais do panorama galego, para garantir unha oferta que satisfaga a todo os públicos, tendo en conta as variacións que sofre a poboación do noso Concello dependendo da estacionalidade.


Obxectivos da Programación Cultural do Concello de Laxe:

·Garantir o desenvolvemento dunha programación cultural municipal de carácter estable na que se poda integrar toda a población, en especial aos xóvenes, ás mulleres e aos nosos maiores.

·Promover a difusión e posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular, da cultura e identidade propia de Laxe, e recuperar o noso patrimonio.

·Mellorar a calidade das manifestacións artísticas que se desenvolven no noso Concello e os intercambios con outros Concellos e Comunidades.

·Contribuir á democratización da sociedade.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal