MOSTRA DE OUTONO DE TEATRO AFECCIOADO DE LAXE

Esta mostra de teatro organizopuse colaborando con dúas asociacións culturais do concello: a Asociación Cultural Valverde, e o Hot Club de Laxe, Asociación Cultural.

OBXECTIVOS:

·Ofrecer unha mostra de teatro que se adecúe ós intereses dos nosos veciños e veciñas de forma que nos axude a captar e crear público crítico e degustador de boa literatura teatral.
·Amosar as posibilidades lúdicas do teatro como actividade de ocio.
·Ofertar representacións teatrais amateurs de calidade.
·Poñer en valor as creacións culturais propias e do resto de grupos e aulas de Teatro.
·Organizar saídas da Escola Municipal de Teatro de Laxe, ó dispoñer a Mostra por medio de intercambios coas diferentes Aulas e Escolas.

DESTINATARIOS:

Mostra aberta a tódolos públicos, faremos especial fincapé no público adulto que é o que amosa menor afluencia ós espectáculos tetarais. Nesta volta a retomar a Mostra de Teatro Afeccioado de Laxe, imos darlle máis relevancia ós públicos diana da nosa intervención:
·Maiores: actuar na nosa mostra o Grupo de Teatro do Casal d’Avis Les Meliés (Pineda de Mar, Barcelona), cunha función específica para os integrantes da Escola de Maiores do Cocnello de Laxe
·Mulleres: coordinando a organizacións coa Asociación de Amas de Casa
·Adolescentes: coa representaión da Escola de Teatro Municipal de Sada que se atopa integrada por gran número de participantes desta franxa de idade.

ACTIVIDADES DO 2009:

·sábado 4 de outubro: Aula de Teatro de Laxe, Obra: “Folerpas”, 10 compoñentes
·Domingo 9 de novembro: ATEACO, Obra: “O Achado do Castro”, 11 compoñentes
·venres 28 de novembro: Movemento Xuvenil Don Baltasar, Obra: “Vostede ten ollos de muller”, 16 compoñentes
· domingo 14 de decembro: Centro Dramático Vilalbés, Obra: “Seis por catro, dúas ducias”, 6 compoñentes
· venres 19 de decembro: Alentía Teatro, Obra: “Escola de Circo”, 3 compoñentes


Portal cidadán de Laxe © by Abertal