Presentación

A Escola de Música é un punto de encontro adicado ó universo dos sons, ós mares de ritmos.

A música é, por excelencia, a lingoaxe da afectividade, de todo aquilo que custa expresar con palabras. Deberíamos apreciar e percibi-la música como unha arte non soio expresiva senón tamén comunicativa. Unha arte que facilitara e potenciara as relacións entre os individuos dunha mesma sociedade, unha sociedade que, por certo e a nivel mundial, cada día que pasa vólvese mais mercantilista "utilizando" a música para os beneficios duns poucos e ignorando e ás veces despreciando a nosa propia idiosincrasia e a nosa riqueza cultural, fruto de todo aquilo que nos legaron os noso maiores.

A nosa intención será facer da música parte da nosa formación integral e cultural, sen pretensións profesionais ( para iso están os conservatorios; o aspirante a músico necesita especial orientación para decidir si debe quedarse no mero aspecto cultural ou lúdico ou ben si pode aspirar á profesionalidade), e tentarémolo en base a experiencias, produccións e audicións tanto individuais coma colectivas.

Todo individuo/a pode ser receptor da linguaxe musical, ainda que non posúa as aptitudes musicais suficientes para ser creador ou interprete.
Tentaremos formar unha sociedade alfabetizada musicalmente e que isto derive nunha utilización práctica dos coñecementos musicais conqueridos, ben como afeizoados activos ou coma consumidores con xuízo crítico, amais de descobrir i encauzar posibles vocacións. Tentaremos aporta-los medios que favorezan a interrelación, a expresión, a comunicación, a cooperación e a participación. Pilares dunha boa convivencia democrática.


Contacto

Enderezo:
Concello de Laxe
Víctor Manuel García Pose
Avda Cesáreo Pondal, 26
15117 Laxe

Teléfono: 981 706 903
Contacto Electrónico: victor.garcia@concellodelaxe.com


Portal cidadán de Laxe © by Abertal