SERVIZOS

HORARIO

Interior da Biblioteca

Inverno (do 16 de setembro ó 14 de xuño): De luns a venres, das 16.00 ás 20.00 horas.
Verán (do 15 de xuño ó 15 de setembro): De luns a venres das 10.00 as 14.00 horas.


SERVIZOS QUE PRESTA A BIBLIOTECA

O valor do libro na biblioteca é o seu uso. Por iso a biblioteca organiza unha serie de servicios entre os que están a lectura en sala, préstamo, información e referencia, etc.

1. Servicios bibliotecarios ó público: acceso en sala e préstamo.

Na nosa biblioteca o acceso á colección é directo ou tamén chamado de libre acceso. Os seus andeis abertos convidan a ollar os libros, o contacto directo, a súa curiosidade intelectual. O acceso directo supón tamén a ordenación sistemática ou por materias, o que facilita a comparación, avaliación e alternativas que puideramos ter entre mans. O sistema de clasificación empregado é a CDU (Clasificación Decimal Universal).


O préstamo nace cando o material debe saír da biblioteca. Este préstamo de libros é unha das funcións máis sociais e democráticas. Mediante el, a nosa biblioteca cumpre o seu obxectivo de fomentar e difundir a lectura e colaborar na educación continua do individuo. Unha fotocopia do DNI, dúas fotografías recentes de tamaño carné e cubrir dúas tarxetas son os únicos requisitos para aproveitar este servicio. ¡Animádevos! xa somos 208.

2. Servicio de consulta e referencia.

Servicio de gran importancia porque é aquel servicio bibliotecario que se ocupa da asistencia ós lectores na busca de información e no uso das fontes da biblioteca para o estudio e a investigación. O bibliotecario de referencia non pode sabelo todo pero, si ten os medios necesarios, sí debe saber ónde buscalo, polo que acudirá ás fontes de referencia: Repertorios de publicacións oficiais, bibliografías, consulta de catálogos online se a procura manual non dá resultado...

3. Formación de usuarios.

A educación de usuarios é necesaria porque moitas veces as bibliotecas son sitios difíciles de usar e porque o mundo da información é en si moi complexo. O obxectivo xeral é ensinar a utilizar a biblioteca e os seus recursos de información de forma eficiente e eficaz. Tamén ten que ter como resultado que mude a actitude cara a biblioteca, facer ver que é un lugar agradable, acolledor e axeitado para resolver as súas necesidades. De momento, e mentres non estean actualizados os catálogos, faise individualmente; nun futuro realizarase esta formación fóra do horario de biblioteca en grupos pequenos de 4 ou 5 persoas nos que será obrigatorio anotarse.

4. Extensión bibliotecaria: Exposicións bibliográficas, conferencias…

A nosa biblioteca, como en xeral tódalas públicas, ten a obriga de diversificar e ampliar as súas funcións tradicionais de conservación e difusión, abríndose á sociedade mediante o fomento de actividades culturais, pero tamén servindo como lugar de encontro da comunidade. Son actividades que poden ser puntuais ou permanentes, promovidas pola biblioteca ou asumidas por ela, que teñen como marco as propias instalacións bibliotecarias e por obxecto satisfacer as necesidades e desexos de información dos seus usuarios.


ACTIVIDADES:

Exposición de libros

Certame Literario.
Recompilacións de bibliografía.
Conferencias.
Animación a lectura. Contacontos, obradoiros de ilustración, obradoiros da escrita...
Aula de cine.
Exposicións.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal