CAPÍTULO III. Da organización e selección da documentación

Artigo 8º.-Organización e descrición

1. Os documentos serán obxecto de tódalas operacións técnicas precisas para a súa correcta descrición e instalación no Arquivo, tralas cales quedarán plenamente integradas nos fondos documentaias do Arquivo Municipal, de quen dependerá a partir de entón a súa conservación e comunicación.

2. A organización (clasificación e ordenación) e descrición das series documentais ateranse as normas técnicas atendendo sempre a unha estructura por órganos e funcións, e respectando o principio de procedencia.

3. Terase en conta a aplicación das novas tecnoloxías como apoio á descrición dos fondos documentais.

Artigo 9º.-Selección e expurgo.

1.-Nas propias oficinas municipais xeradoras de documentación, deberá evitarse a acumulación de copias, duplicados, borradores, circulares repetidas, etc, así como diarios oficiais, revistas e publicacións que poidan consultarse noutros centros de información ou en novos soportes.

2. As distintas series documentais serán obxecto da pertinente valoración e selección para, unha vez rematado o prazo de vixencia administrativa, determinar a súa eliminación ou a súa conservación definitiva, atendendo os seus valores administrativos, xurídicos e legais, a proposto do arquiveiro e de acordo coa lexislación vixente.

3. Establecerase a coordinación entre o Arquivo e os servicios administrativos do Concello para a normalización das tipoloxías documentais con vistas á súa selección para a conservación ou expurgo, co fin de facilitar o desenvolvemento da tramitación administrativa con criterios de economía e eficacia, favorecendo o dilixente funcionamento do Concello.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal