A través deste servizo poderás ter toda a información relativa ao Concello de Laxe no teu teléfono móbil como: actividades culturais e deportivas, actos sociais, presentacións literarias, cursos, encontros, talleres, etc.
Procedemento de ALTA* e BAIXA
1. Garda na túa lista de contactos o número 657 771 006.
2. Envía un Whatsapp co texto 'ALTA + nome e apelidos + concello de residencia'.
Exemplo: 'ALTA JUAN RODRÍGUEZ GARCÍA MADRID'.
3. Posteriormente recibirás unha mensaxe confirmando a alta no servizo e a política de
protección de datos.
Para darte de baixa no servizo só será necesario que envíes a palabra 'BAIXA' ao mesmo número de Whatsapp.
NovasLaxe é unha canle de comunicación bidireccional, isto significa que as persoas usuarias poderán responder á información recibida ou facer consultas relativas a mesma.
* Conforme o establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal e en cumprimento da normativa de protección de datos, en particular do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, informamos que os datos persoais proporcionados son confidenciais e forman parte dos ficheiros titularidade do CONCELLO DE LAXE, coa finalidade de xestionar a súa subscrición no servizo de NovasLaxe.
As persoas usuarias deste servizo de información poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación do tratamento e oposición previstos na normativa mediante escrito dirixido ao CONCELLO DE LAXE, situado na Avda. Cesáreo Pondal núm. 26, 15117 Laxe (A Coruña).