07/07/2023 Concesión dunha subvención da Deputación da Coruña para gasto en persoal técnico de Cultura neste 2023


O pasado mércores, 5 de xullo, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva de subvencións para financiar gastos en persoal técnico nos servizos municipais de cultura este 2023.

No caso do Concello de Laxe, este recibirá unha axuda de 15.000 euros para cubrir economicamente o posto de persoal técnico que deberá desenvolver, con carácter xeral, os traballos de:

* Dinamización e mediación sociocultural do territorio.
* Intervención socioeducativa cos diferentes grupos de idade.
* Deseño e desenvolvemento de políticas de apoio á creación cultural e artística local.
* Deseño e desenvolvemento de políticas de xeración de oferta cultural no ámbito local.
* Desenvolvemento de enfoques relacionais e cooperativos cos campos do patrimonio, turismo, educación, igualdade, servizos sociais e medio ambiente no municipio e comarca.

A continuación poden consultar as bases e a resolución da concesión. ⤵

Portal cidadán de Laxe © by Abertal