02/11/2023 Laxe acolle este sábado a edición número XII do Magosto e Mostra de Artesanía

O Concello de Laxe organiza este sábado, 4 de novembro, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, a edición número XII do Magosto e Mostra de Artesanía.

O evento, que se celebrará no Pavillón Polideportivo municipal, dará comezo a partir das 17:30 horas da tarde.

Haberá música ambiental, inchábeis, castañas e bebidas de balde para todas as persoas asistentes. Durante a tarde estarán a disposición de todos os nenos e nenas os Xogos do Paporrubio: xogos autónomos e animados de temática agraria.

Ademais, ao longo da xornada impartiranse obradoiros de artesanías varias, como cestería, coiro, olería, pintura ou gancho.

Desde o goberno local do Concello de Laxe animan a participar desta xornada outonal festiva e a achegarse ata o Pavillón Municipal para degustar as soborosas castañas. 

Portal cidadán de Laxe © by Abertal