06/12/2023 Laxe inviste máis de 48.000 euros en renovar os camiños e mellorar a seguridade en Fenllido e nas Virtudes

Laxe inviste máis de 48.000 euros en renovar os camiños e mellorar a seguridade en Fenllido e nas Virtudes

O Concello de Laxe finaliza as obras de renovación dos camiños de Fenllido e As Virtudes no lugar da Torre, que contaron cun investimento de 48.009 euros, financiados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Esta actuación, que forma parte do Proxecto de Mellora de Camiños rurais en Laxe As Virtudes, pretende facer unha renovación das estradas rurais no municipio, co obxectivo de facilitar o tráfico nestas vías e mellorar a seguridade para a veciñanza.

Segundo indicou o alcalde de Laxe, Jose Luis Pérez Añón, “esta actuación forma parte da estratexia do noso equipo de Goberno de mellorar as comunicacións das estradas rurais do municipio, co fin de facilitar os desprazamentos diarios da nosa veciñanza e, ao mesmo tempo, mellorar a súa seguridade”.

“Co remate desta obra establecemos unha infraestrutura de carácter básico de calidade, obtendo unha estrada en condicións óptimas para a circulación de todo tipo de vehículos”.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal