27/02/2024 Laxe repartirá 100 trampas entre a veciñanza para loitar contra a vespa velutina

O Concello de Laxe desenvolverá a partir deste xoves, 29 de febreiro, a súa campaña municipal de loita contra a vespa velutina.

Desde o Concello de Laxe poranse a disposición da veciñanza un total de 100 trampas co seu respectivo líquido atraínte co obxectivo de dar captura ás raíñas desta especie invasora. Estes dispositivos poderán solicitarse de maneira presencial nas oficinas xerais do Concello, onde as persoas interesadas deberán cubrir un formulario.

Ademais, unha empresa especializada no control de pragas procederá á colocación de 50 dispositivos en diferentes enclaves públicos da localidade, como parques, centros de ensino e arredores.

O número de velutinas capturadas deberase notificar cada 15 días co obxectivo de analizar cales son os puntos municipais con maior presencia destes insectos.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal