26/06/2017 NOVOS EQUIPAMENTOS DE SON E IMAXE 2017


O CONCELLO DE LAXE ADQUIRIU ESTE ANO NOVOS EQUIPAMENTOS CULTURAIS GRAZAS Á AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS CULTURAIS, NO 2016.

O noso concello, conta dende os meses de abril e maio con novos equipamentos culturais grazas á subvención concedida pola Deputación de A Coruña, a través da convocatoria publicada no ano 2016, de Programas de Apoio á Cultura e ao Deporte dirixidos a concellos para a realización de investimentos culturais. Nalgunha das actividades municipais xa se estrearon algúns destes equipamentos, e os outros, iránse empregando nas vindeiras programacións que desenvolverá o concello. En concreto, coa axuda concedida nesta convocatoria, o Concello de Laxe puido adquirir:

  • Novas CORTINAS DE TELA IGNÍFUGA OSCURA E VINILOS negros, para cubrir os ventanais do Salón de Actos Municipal mellorando subsa as condicións do espazo escénico deste equipamento, impedindo a entrada de luz natural.
  • Diferentes EQUIPAMENTO DE SON e complementos, coa finalidade de mellorar a nosa equipación neste ámbito e poder ser máis autónomos na sonorización de certos actos e eventos municipais. Os equipamentos que se adquiriron foron os seguintes:
      • 2 micros de diadema
      • 3 micros de cable
      • 2 micros de ambiente
      • 4 pés de micro
  • CABLEADO E ADAPTADORES necesarios tanto para o equipamento de son como para o audiovisual. Adquiriuse o cableado necesario e os adaptadores precisos para conectar os diferentes equipamentos de son e imaxe que se empregan tanto no exterior como en espazos de interior como o é o Salón de Actos Municipal.
A maiores deste equipamento textil, de son e imaxe que detallamos ata o momento, e grazas á mesma subvención, o concello tamén puido adquirir:
  • 2 DESHUMIDIFICADORES colocados no Salón de Actos para tratar de equilibrar os índices de humidade do esquipamento que estaban xa a ocasionar deterioros no equipamento audiovisual.
  • 6 POSTES SEPARADORES que permitirán delimitar o paso de público a certas zonas nas que non estea aconsellado o seu acceso por motivos de seguridade ou por propios requerimentos do espectáculo ou da actividade que realicemos.
  • 4 ROLLS UP´S co logotipo do concello de Laxe e da Deputación da Coruña como entidade colaboradora, que permitirán diferenciar as actividades organizadas polo concello daquelas outras que son organizadas por outras entidades.

De cara a mellorar os servizos da Biblioteca Municipal, e tendo en conta que a lectura tradicional de libros en formato papel está a evolucionar cara o uso dixital de diferentes dispositivos que permitan esta mesma finalidade, adquirimos os seguintes equipamentos para actualizar os nosos servizos ás novas demandas tecnolóxicas e que xa están dispoñibles para o seu uso:
  • 2 TABLET BQ Edison 3 e
  • 3 E-BOOK READER BQ CERVANTES Wifi

Grazas a estas novas adquisicións, dende o Concello de Laxe, poderemos:
  • Mellorar tanto as infraestructuras nas que desenvolvemos moitas das nosas programacións cultural, principalmente: Salón de Actos e Biblioteca Municipal, así como tamén, mellorar os equipamentos culturais actuais que xa temos e ofrecer maior calidade nos diferentes servizos, actividades e propostas culturais anuais.
  • Optimizar as potencialidades e cualidades dos nosos equipamentos de son para o desenvolvemento autónomo das actividades culturais desenvoltas tanto en exteriores ou para usar especialmente noutros equipamentos, tales como o son o Salón de Actos ou Pavillón polideportivo municipal por poñer só dous exemplos.
  • Incrementar a calidade das nosas actuacións escénicas e ambientacións do espazo grazas á adquisición das cortinas e dos vinilos, tanto para os grupos contratados, grupos e asociacións locais, así coma para a vista e agrado do público asistente ás diferentes actividades organizadas polo Concello de Laxe ou Asociacións Municipais no equipamento no que foron instaladas.
  • Diversificar e ampliar os horizantes de cara a realización e contratación de certos espectáculos que necesiten requerimentos escénicos máis complexos.
  • Ser máis autónomos á hora de ofrecer servicios escénicos nas diferentes actividades que se leven a cabo e economizar custos de alugamento do diferente material que agora xa temos ó dispor do concello.
  • Aforrar custos tamén na contratación de diferentes espectáculos culturais ó longo de todo o ano ao poder ofrecer cada vez mellores características escénicas e de equipamento tanto para os grupos contratados como para a organización de diferentes actividades culturais municipais como é un claro caso a celebración da mostra de artesanía que facemos coincidir coa celebración do magosto.
  • Poder ofrecer mellores servizos na Biblioteca Municipal, adaptándonos ós novos tempos e modernizando os recursos que poñemos ó dispor dos diferentes usuarios e usuarias que nos visitan.
  • Mellorar a calidade organizativa das diferentes actividades, tanto por todo o que se comentou anteriormente, así como pola adquisición dos postes separadores de persoas que nos permitirán delimitar os espazos escénicos evitando posibles accidentes ou incidencias, así como a clarificación na organización das actividades grazas á adquisición dos novos roll-ups para colocar tanto nas actividades de interior como, sobre todo, nas de exterior.
  • Asegurar unha mellor conservación tanto dos novos equipamentos adquiridos este ano, así como dos outros equipamentos dos que xa dispoñiamos no concello, grazas á adquisición dos deshumificadores, xa que, na actualidade, diferentes equipamentos audiovisuais sufriran xa daños debido ós elevados índices de humidade que temos na actualidade no Salón de Actos municipal.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal