28/05/2020 REAPERTURA DO MERCADILLO SEMANAL DOS VENRES NA PRAZA DOS VOLUNTARIOS

Mañá Venres 29 de maio de 2020, o mercadillo semanal dos venres na Praza dos Voluntarios volverá estar operativo. Volven abrir de novo as tendas que habitualmente frecuentan o noso mercadillo.

No acceso ao lugar onde se desenvolve este, teredes que tomar unhas sinxelas precaucións para evitar rebrotes desta enfermidade, e para protexer e protexerse:

  • Deberedes acceder ao mercadillo semanal polos pasos habilitados a tal efecto.
  • Uso obrigado de Luvas e Mascarillas.
  • Respetade a distancia social dos dous metros.
  • Evitade aglomeracións.
Para garantir a saúde e seguridade de todos e todas, cando volvas ao mercadillo ten #SENTIDIÑO.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal