24/02/2021 Anuncio de información pública da aprobación provisional da Ordenanza reguladora das licenzas para instalacións de terrazas do concello de Laxe

O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria realizada o día 28/01/2021, acordou a aprobación provisional da Ordenanza reguladora das licenzas para instalacións de terrazas do Concello de Laxe.

En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal