11/03/2024 Aplicación en realidade aumentada con xeoposicionamento para dixitalización e posta en valor dos recursos patrimoniais e turísticos do Concello de Laxe

Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023. 

Expediente Axencia Turismo de Galicia: TU503G 2023 2-15Expediente municipal: 2023/A008/000028Orzamento subvencionable: 15.000,00 €
Porcentaxe: 90%Subvención: 13.500,00 €Expediente de contrato: 2023/C002/000089
Procedemento: Contrato menor de servizo

A Resolución do 14 de marzo de 2023 da Axencia Turismo de Galicia, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos apra actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

O Concello de Laxe participou nesta convocatoria de subvencións, na liña 2 de transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral, co proxecto denominado " Aplicación en realidade aumentada con xeoposicionamento para  dixitalización e posta en valor dos recursos patrimoniais e turísticos do Concello de Laxe".

O proxecto consiste na implantación dunha App en realidade aumentada para a dixitalización e posta en valor dos recursos turísticos do Concello de Laxe. 

Os principais obxectivos que se perseguen coa implantación deste novo servizo son a mellora da experiencia turística, potenciar a promoción turística, a adaptación ás novas tendencias tecnolóxicas, o aproveitamento dos recursos turísticos e o fomento da sustentabilidade turística.

Os resultados acadados con este proxecto financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, permitirán que esta App lle proporcione unha experiencia inmersiva á demanda turística mediante o uso de diversas funcionalidades en realidade aumentada.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal