02/03/2017 Este mes de marzo potenciamos a cultura do chateo dende o Museo do Mar

Venres 3 de marzo ás 18.00 horas Cata D.O. Rías Baixas.

Sábado 4 de marzo ás 11.00 masterclass con Luis Paadín, especialista en viticultura e enoloxía.


O programa de actividades relaxese 2017 adica o mes de marzo ao turismo enolóxico, tendo en conta que entre os principais atributos do Concello de Laxe están a existencia real dunha cultura popular do chateo e a extraordinaria profesionalidade do sector hostaleiro local neste campo.  

Entre os principais obxectivos que persegue o proxecto turístico relaxese 2017 durante este mes enolóxico están, maximizar a cultura do chateo nos negocios locais, converter Laxe nun referente para o chateo, e expandir a meridaxe con gastronomía típica (a meridaxe do viño).  

O extenso programa de actividades iniciarase mañán, venres 3 de marzo, ás 18.00 horas no Museo do Mar cunha cata D.O. Rías Baixas a cargo de Cristina Mantilla González de Adegas Valmiñor.  

O día seguinte, sábado día 4, ás 11.00 horas está prevista a asistencia de Luis Paadín, Técnico Especialista en viticultura e enoloxía, autor ademais de varios libros, que impartirá unha Masterclass titulada “O servizo e conservación do viño”.  

Estas actividades son gratuítas e están dirixidas a profesionais hostaleiros e calquera persoa interesada en coñecer os secretos do viño e introducirse no mundo enolóxico.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal