19/04/2017 A HISTORIA DO FÚTBOL EN LAXE | Sábado, 29 de abril ás 19.00 horas no Museo do Mar

A charla,  titulada “A historia do fútbol en Laxe”, terá lugar no Museo do Mar, o vindeiro sábado, 29 de abril ás 19.00 horas. O encontro comezará coa proxección de fotografías antigas do fútbol en Laxe.

A continuación, os escritores Xosé María Lema e Chema Rei, darán unha charla sobre a historia do noso fútbol. 

Estarán presentes varios expresidentes da SD Laxe, que recibirán un exemplar do libro “O fútbol na Costa”, publicado por Xosé María e Chema.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal