29/06/2017 RESOLUCIÓN DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “LAXE, MUNICIPIO TURÍSTICO GALEGO”

No marco da celebración do II Concurso de Fotografía “Laxe, Municipio Turístico Galego”, a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo convocou a fotógrafos profesionais e afeccionados para participar no concurso que permitiu a elección da imaxe turística deste ano 2017, e do que resultaron presentadas un total de 32 imaxes.

O Xurado determinou que a obra seleccionada fose PRIMAVERA EN LAXE, resultando ser gañadora MARÍA DEL CARMEN ÁLVAREZ ABOLLO en base a criterios de calidade artística, estética e conceptual.

Así mesmo, o xurado decidiu que a fotografía CRISTAIS I do autor EDUARDO JERÓNIMO ESTÉVEZ AGRAFOJO, resultase merecedora dun accésit, con mención específica baseada na súa particular estética e conceptualización.

Queremos agradecer a cada concursante a súa participación e bo traballo, aos integrantes do xurado a súa experta e desinteresada colaboración e tamén ás persoas e medios de comunicación que valoráchedes esta iniciativa e nos axudáchedes a difundila.

A nosa sincera NORABOA a MARÍA DEL CARMEN ÁLVAREZ ABOLLO gañadora deste II Concurso de Fotografía “Laxe, Municipio Turístico Galego” e tamén a EDUARDO JERÓNIMO ESTÉVEZ AGRAFOJO pola accésit e mención específica por parte do Xurado.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal