28/11/2017 Sábado, 9 de decembro | Visita guiada polo patrimonio relixioso de Laxe con Xosé María Lema Suárez

O sábado 9 de decembro, Xosé María Lema Suárez, coñecido escritor e historiador, guiará unha visita polo patrimonio relixioso de Laxe.  

A visita permitirá coñecer os detalles arquitectónicos e históricos das igrexas de Serantes, Sarces, Soesto, Nande e Traba.  

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse gratis ata o 5 de decembro, chamando ao 981 706 903 ou escribindo a turismo@laxe.es.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal