12/01/2018 EXCURSIÓN A OURENSE | Mércores 31 de xaneiro

Organizamos unha excursión a OURENSE o mércores 31 de xaneiro, para visitar a Feira de Turismo Gastronómico “Xantar”, e a continuación disfrutar das Termas de Outariz.

A Concelleiría de Turismo, dentro do programa RELAXESE 2018, asume os custes de desprazamento e entradas ó recinto feiral. O prezo do menú, de 12€, e a entrada ás termas (opcional), de 4,90€, serán a cargo de cada participante.

A hora de saída dende Laxe será as 8.30 da mañán. O programa da excursión inclúe:

POLA MAÑÁN VISITA A XANTAR:

- Visitaremos ó recinto feiral Expourense, onde se inaugura a Feira Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”.

- Veremos á exposición de carteis de festas gastronómicas, na que participa o Concello de Laxe, coas tres rutas de pinchos celebradas o pasado ano 2017: I Ruta de Pinchos de Entroido, I Ruta de Pinchos Mariñeiros e II Ruta de Pinchos do Outono.

- Asistiremos a un taller degustación titulado “Experiencias de Calidade de Galicia”. -          Participaremos nunha cata de ron panameño.

- Veremos en directo a demostración de cociña “gastronomía de Portugal”.

- Xantaremos no propio recinto feiral. O menú é “INORDE”.

POLA TARDE VISITA ÁS TERMAS DE OUTARIZ:

- Pola tarde visitaremos as Termas de Outariz. O conxunto está formado por un total de 13 pozas, 10 delas exteriores e 3 interiores. Tamén conta con dúas zonas de relaxación. As persoas que non decidan bañarse poderán descansar nas zonas comúns e tomar algo tranquilamente.

E quenes si decidan relaxarse nas augas termais de Outariz, desfrutarán de 2 horas de baño nun circuito totalmente libre.  

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse na Casa do Concello (1º andar - Oficina Técnica de Turismo) antes do día 24 de xaneiro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal