04/04/2018 OS SONS DO MUSEO | Noites de jazz no Museo do Mar

Presentamos un novidoso programa de actuacións musicais titulado “Os Sons do Museo”. Os concertos serán os venres ás 21.30 horas, e correrán a cargo de coñecidas e prestixiosas formacións musicais galegas.  

“Os Sons do Museo” pretende dinamizar as noites do venres en Laxe, convertendo o Museo do Mar nun improvisado club de jazz no que gozar de momentos musicais únicos.  

“Os Sons do Museo” supón unha oportunidade única para achegarse ó Museo do Mar dun xeito diferente. Un espazo que habitualmente está pechado pola noite, será escenario de actuacións musicais pensadas para un público moi concreto. Ó mesmo tempo, “Os Sons do Museo” permitiranos ampliar a oferta de ocio nocturna dos venres en Laxe. Sen dúbida, unha alternativa cultural para residentes e visitantes.  

O proxecto conta coa colaboración económica de Deputación Provincial, e enmárcase dentro programa de actividades reLAXEse 2018. A entrada é libre (ata completar aforo).

Portal cidadán de Laxe © by Abertal