06/07/2018 VERÁN ACTIVO LAXE 2018

As actividades están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, pois para os menores existe xa un programa específico na Concellería de Deportes. Todas as actividades son de balde para os participantes.  

IOGA. Os amantes do ioga poderán practicar esta disciplina en grupo nun lugar tan emblemático como a Praia dos Cristais. Será os martes 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7 de agosto, ás 20.00 horas. A actividade non ten inscripción.  

GAP. Haberá clases colectivas de tonificación para traballar distintas zonas do corpo a bo ritmo, e ó aire libre. Será os mércores 18 de xuño, 1 e 8 de agosto, ás 20.00 horas no Patio Cuberto da Praza dos Voluntarios. Sen inscripción previa.  

ZUMBA. Propoñemos ritmos latinos e exercicios aeróbicos, para comezar as fins de semana do verán. As clases serán os venres 20 e 27 de xullo, e 3 e 10 de agosto, ás 20.00 horas no Patio Cuberto da Praza dos Voluntarios. Sen incripción previa.  

SENDEIRISMO. Nada mellor que coñecer o Concello de Laxe gozando dunhas preciosas rutas litorais en grupo. O martes 17 de xullo realizarase un percorrido guiado para coñecer o PR-G 70 Laxe-Punta Insua. Trátase dunha ruta lineal de 4,5 km e dificultade baixa-media.

Ó martes seguinte, 24 de xullo, será o turno para o PR-G 114  Laxe-Traba. Neste caso trátase dun sendeiro lineal de dificultade baixa-media e 7,5 km de lonxitude. A volta desde Traba farase en autobús. En ambos casos, a saída será do Punto Municipal de Información Turística do paseo marítimo. Estas actividades teñen inscrición previa no Punto Municipal de Información Turística (PMIT) do paseo marítimo.  

SNORKEL. Coñecer os fondos mariños sempre é unha experiencia atractiva, máis aínda sendo os da praia de Laxe. Haberá ocasión para facelo en grupos reducidos, o luns 16 e o xoves 19 de xullo. Tres turnos, de 8 persoas cada un, en horarios a escoller: de 10.00 a 11.30, de 11.30 a 13.00 e de 13.00 a 14.30 horas. A incrición previa formalizarase no PMIT.  

PADDLE SURF. Subirémosnos por primeira vez á organización dunha fantástica experiencia practicando paddle surf, o luns 23  e o xoves 26 de xullo, na praia de Laxe. Os turnos son de 10.00 a 11.30, de 11.30 a 13.00, de 13.00 a 14.30 horas. As prazas son limitadas, polo que se require incrición previa no PMIT.  

KAIAK. O luns 30 de xullo e o xoves 2 de agosto, ofrecemos a posibilidade de gozar dunhas divertidísimas saídas en Kaiak pola praia de Laxe. Cada día haberá tres turnos, de 10.00 a 11.30, de 11.30 a 13.00 e de 13.00 a 14.30. As prazas son limitadas. Requírese incrición previa no PMIT.  

PASEOS EN BARCO. Nada mellor que diversificar e coñecer o litoral de Laxe, pero esta vez farémolo en embarcación. Unha experiencia dispoñible o luns 6 e o xoves 9 de agosto dende o peirao de Laxe. Haberá 4 turnos por día: de 10.00 a 11.00, de 11.00 a 12.00, de 12.00 a 13.00 e de 13.00 a 14.00 horas. As prazas dispoñibles na embarcación son cinco por saída. Incrición previa no PMIT.  

FÚTBOL. O sábado 11 de agosto ás 18.00 horas o Campo Municipal de Fútbol Cabo da Area viviremos o primeiro cuadrangular de fútbol reLAXEse. Xogarán os anfitrións, SD Laxe, xunto a Club Deportivo Baio, Unión Deportiva Paiosaco e Bergantiños Fútbol Club. Colabora na organización do encontro a SD Laxe.  

Neste “Verán Activo” tamén haberá lugar para interesantes actividades culturais no Museo do Mar:  

PRESENTACIÓN LITERARIA. O venres 10 de agosto ás 19.00 horas teremos o pracer de presentar o libro “José Vidal. Unha vida adicada á fotografía”. Xan Fernández Carrera, recolle nesta obra inédita a vida e obra de José Vidal, a través dun interesantísimo traballo baseado no Fondo Fotográfico Vidal, que, como saben, é o centro e motor do Museo do Mar. O acto enmárcase na celebración do ano 2018 como “Ano Vidal”.  

NOVA WEB DE TURISMO. O martes 14 de agosto ás 12.00 horas presentaremos a nova web de turismo de Laxe. Unha web actual, moderna e dinámica, especialmente pensada para cubrir as necesidades e expectativas das persoas que nos visitan.  

EXPOSICIÓN DE FOTOS SIC. O luns 16 de xullo ás 17.00 horas inaugurarase unha exposición de fotos do autor Carlos Eiroa. “SIC”, é o nome desta exposición que estará dispoñible para visita ata o 31 de agosto.   Tódalas actividades son gratuítas e contan co apoio económico da Deputación Provincial da Coruña.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal