O CONCELLO DE LAXE ADQUIRIU ESTE ANO NOVOS EQUIPAMENTOS CULTURAIS GRAZAS Á AXUDA ECONÓMICA CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E ENTIDADES LOCAIS PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS CULTURAIS, NO 2016.
O noso concello, conta dende os meses de abril e maio con novos equipamentos culturais grazas á subvención concedida pola Deputación de A Coruña, a través da convocatoria publicada no ano 2016, de Programas de Apoio á Cultura e ao Deporte dirixidos a concellos para a realización de investimentos culturais. Nalgunha das actividades municipais xa se estrearon algúns destes equipamentos, e os outros, iránse empregando nas vindeiras programacións que desenvolverá o concello. En concreto, coa axuda concedida nesta convocatoria, o Concello de Laxe puido adquirir:
- Novas CORTINAS DE TELA IGNÍFUGA OSCURA E VINILOS negros, para cubrir os ventanais do Salón de Actos Municipal mellorando subsa as condicións do espazo escénico deste equipamento, impedindo a entrada de luz natural.
- Diferentes EQUIPAMENTO DE SON e complementos, coa finalidade de mellorar a nosa equipación neste ámbito e poder ser máis autónomos na sonorización de certos actos e eventos municipais. Os equipamentos que se adquiriron foron os seguintes:
- 2 micros de diadema
- 3 micros de cable
- 2 micros de ambiente
- 4 pés de micro
- CABLEADO E ADAPTADORES necesarios tanto para o equipamento de son como para o audiovisual. Adquiriuse o cableado necesario e os adaptadores precisos para conectar os diferentes equipamentos de son e imaxe que se empregan tanto no exterior como en espazos de interior como o é o Salón de Actos Municipal.
A maiores deste equipamento textil, de son e imaxe que detallamos ata o momento, e grazas á mesma subvención, o concello tamén puido adquirir:
- 2 DESHUMIDIFICADORES colocados no Salón de Actos para tratar de equilibrar os índices de humidade do esquipamento que estaban xa a ocasionar deterioros no equipamento audiovisual.
- 6 POSTES SEPARADORES que permitirán delimitar o paso de público a certas zonas nas que non estea aconsellado o seu acceso por motivos de seguridade ou por propios requerimentos do espectáculo ou da actividade que realicemos.
- 4 ROLLS UP´S co logotipo do concello de Laxe e da Deputación da Coruña como entidade colaboradora, que permitirán diferenciar as actividades organizadas polo concello daquelas outras que son organizadas por outras entidades.
De cara a mellorar os servizos da Biblioteca Municipal, e tendo en conta que a lectura tradicional de libros en formato papel está a evolucionar cara o uso dixital de diferentes dispositivos que permitan esta mesma finalidade, adquirimos os seguintes equipamentos para actualizar os nosos servizos ás novas demandas tecnolóxicas e que xa están dispoñibles para o seu uso:
- 2 TABLET BQ Edison 3 e
- 3 E-BOOK READER BQ CERVANTES Wifi
Grazas a estas novas adquisicións, dende o Concello de Laxe, poderemos:
- Mellorar tanto as infraestructuras nas que desenvolvemos moitas das nosas programacións cultural, principalmente: Salón de Actos e Biblioteca Municipal, así como tamén, mellorar os equipamentos culturais actuais que xa temos e ofrecer maior calidade nos diferentes servizos, actividades e propostas culturais anuais.
- Optimizar as potencialidades e cualidades dos nosos equipamentos de son para o desenvolvemento autónomo das actividades culturais desenvoltas tanto en exteriores ou para usar especialmente noutros equipamentos, tales como o son o Salón de Actos ou Pavillón polideportivo municipal por poñer só dous exemplos.
- Incrementar a calidade das nosas actuacións escénicas e ambientacións do espazo grazas á adquisición das cortinas e dos vinilos, tanto para os grupos contratados, grupos e asociacións locais, así coma para a vista e agrado do público asistente ás diferentes actividades organizadas polo Concello de Laxe ou Asociacións Municipais no equipamento no que foron instaladas.
- Diversificar e ampliar os horizantes de cara a realización e contratación de certos espectáculos que necesiten requerimentos escénicos máis complexos.
- Ser máis autónomos á hora de ofrecer servicios escénicos nas diferentes actividades que se leven a cabo e economizar custos de alugamento do diferente material que agora xa temos ó dispor do concello.
- Aforrar custos tamén na contratación de diferentes espectáculos culturais ó longo de todo o ano ao poder ofrecer cada vez mellores características escénicas e de equipamento tanto para os grupos contratados como para a organización de diferentes actividades culturais municipais como é un claro caso a celebración da mostra de artesanía que facemos coincidir coa celebración do magosto.
- Poder ofrecer mellores servizos na Biblioteca Municipal, adaptándonos ós novos tempos e modernizando os recursos que poñemos ó dispor dos diferentes usuarios e usuarias que nos visitan.
- Mellorar a calidade organizativa das diferentes actividades, tanto por todo o que se comentou anteriormente, así como pola adquisición dos postes separadores de persoas que nos permitirán delimitar os espazos escénicos evitando posibles accidentes ou incidencias, así como a clarificación na organización das actividades grazas á adquisición dos novos roll-ups para colocar tanto nas actividades de interior como, sobre todo, nas de exterior.
- Asegurar unha mellor conservación tanto dos novos equipamentos adquiridos este ano, así como dos outros equipamentos dos que xa dispoñiamos no concello, grazas á adquisición dos deshumificadores, xa que, na actualidade, diferentes equipamentos audiovisuais sufriran xa daños debido ós elevados índices de humidade que temos na actualidade no Salón de Actos municipal.