04/04/2017 Subvencións para equipamentos térmicos de biomasa

O Instituto Enerxético de Galicia convoca subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa.  

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia para á Administración pública, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: desde o 23 de marzo de 2017
  • Fin: 24 de abril de 2017
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 24 de abril de 2017.

Só se admite a presentación electrónica. Os interesados realizarán ás solicitudes a través de aplicacións informáticas habilitadas para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
   
Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:  

a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As entidades sen ánimo de lucro.

d) Empresas legalmente constituídas e autónomos

Más información: páxina web do Inega: www.inega.gal  (enerxías renovables) ou no Diario Ofiical de Galicia: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170322/AnuncioO3G1-140317-0002_gl.pdf

Portal cidadán de Laxe © by Abertal