TEATRO EN FAMILIA: PATAPATÚM

Desde el 10-05-2022 hasta el 17-05-2022

TEATRO EN FAMILIA: PATAPATÚM

ESTE DOMINGO, TEATRO EN FAMILIA COA COMPAÑÍA GALEGA ELEFANTE ELEGANTE PARA CONMEMORAR O SEU DÍA INTERNACIONAL.

PATAPATÚM é unha peza de teatro visual sen palabras que convida á reflexión sobre os tempos, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Cunha banda sonora inspirada na musica dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana.

Esta peza teatral obtivo o "Premio María Casares" ó mellor espectáculo Infantil no ano 2019.

SINOPSE:
Sorpresa! E outra máis! E moitas máis! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e mesuras, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

FICHA ARTÍSTICA:
Creación e Dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores: Pablo Sánchez
Dramaturxia: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez Elenco Gonçalo Guerreiro, Lucía Sá e María Torres Máscaras María Torres
Espazo escénico: Gonçalo Guerreiro
Vestiario: Beatriz Clara
Música: Gueorgui Oganesian, Alberto Grela e Miguel Paz
Colaboración Musical: Vanessa Rivas
Iluminación: Nacho Martín
Deseño Gráfico: Alba Farto
Produción e Distribución: Lilian Portela

Portal ciudadano de Laxe © by Abertal