‘Dillo ben bonito. O amor prémiase en Laxe’

Dende o 18-01-2023 ata o 28-02-2023


Un ano máis, chega a iniciativa ‘Dillo ben bonito. O amor prémiase en Laxe’, un proxecto posto en marcha polo Concello de Laxe co obxectivo de promover a creación literaria a través de dedicatorias de amor tanto en verso como en prosa.

Neste caso celebrarase a IV edición dun concurso que se iniciou no 2020 e que cada ano conta con máis e mellor acollida entre a veciñanza e demais público participante.

Desde as 11:00 horas deste venres, 10 de febreiro, e ata a mesma hora do próximo luns, día 13, xa é posible elixir que dedicatoria vos gusta máis a través de dúas modalidades:

Páxina de Facebook municipal: indicando 'me gusta' ou ben 'me encanta' na foto correspondente.
Servizo de NovasLaxe: enviando a seguinte mensaxe: VOTO Á DEDICATORIA: “título da dedicatoria”.

O martes, 14 de febreiro, anunciaranse as persoas gañadoras dalgún dos premios que consistirán nunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas en establecementos do municipio. A continuación deixámosvos as dedicatorias participantes.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal