PROGRAMACIÓN CULTURAL DO VERÁN 2021

Dende o 30-06-2021 ata o 30-09-2021

MAXIA

Sinopse:

“Laretando nas Lareiras” é un espectáculo de ilusionismo, humor e participación, para pór en valor a maxia da lingua galega.
Unha lingua alegre, divertida, contenta e arrufada, que non é apoucada por nada nin por ninguén, acompañada de ilusións asombrosas con: cordas, cartas, panos, papeis, efectos de mentalismo, comicidade e moito máis, acompañan esta viaxe cara o imaxinario.

Fani Triana e Martín Camiña achegan a maxia da vogal “a”, das preposicións “maila, onda, para e perante” e tamén a do “infinitivo conxugado”, tecendo o fío condutor dun momento no que ninguén será despedido do seu posto de traballo, coma acontece e aconteceu nalgunha ocasión, polo feito de usar esa catedral do patrimonio que é posuír unha lingua propia.
O galego sorprende, fascina e emociona cos seus feitizos.

Duración: 70 minutos

Para todos os públicos

ACTIVIDADE CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL


Comprometidos/as co fomento dunha cultura medioambiental respectuosa co noso entorno e ambiente, propoñemos esta actividade cultural, educativa e constructiva na que ademais de disfrutar da nosa paisaxe, teremos a oportunidade de recoller e analizar os pequenos lixos que ás primeiras horas da mañá, o mar achega ata a nosa praia, para logo clasificalos, reutilizalos e empregalos creativamente no obradoiro que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xullo.

BURBULLAS DE XABÓN XIGANTES, MÚSICA E EFECTOS VISUAIS VARIADOS



A noite é un dos mellores momentos para crear pompas de xabón xigantes. A humidade relativa do aire é máis alta, a temperatura refresca o ambiente e o vento diminúe ou convértese nunha suave brisa.

Nestas condicións, as pompas chegan ao seu máximo esplendor. Pódense facer pompas realmente xigantes (megapompas) de máis de 2 metros de diámetro, varios metros de lonxitude e mantéñense vivas por máis tempo.

As burbullas de fume tinguidas con luces de cores voarán no ceo ao ritmo do vento e da música, creando un espectáculo marabilloso, moi orixinal, relaxante e moi  atraínte.

O ambiente que se crea é fascinante, as pompas reflicten a contorna e as luces do lugar onde se realice o espectáculo, adoptando incribles formas no aire, sorprendendo e cativándonos.

Dende Asturias, a compañía POMPER, achégannos ata Laxe este espectáculo audiovisual renovado que, seguro, sorprenderá a nenos/ as e persoas maiores.

Protagonizado por Lady Pompidú e Lord Pomper, mostrarannos as súas impresionantes creacións. Crearán escenas fascinantes, con luces de cores programadas, efectos de vapor e fume, burbullas cada vez máis grandes, proxección de vídeo e efectos visuais que nos transportarán a un mundo máxico cheo de fantasía e cores, onde as burbullas danzarán ao ritmo do vento e da música, dispersándose no ambiente e creando asombrosas formacións.

ACTIVIDADE CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL


Dando continuidade á primeira proposta de actividade de educación ambiental organizada neste verán, con este segundo obradoiro, agardamos reflexionar sobre a tipoloxía dos lixos máis habituais recollidos na praia, concienciar sobre a importancia de reducir a nosa pegada ambiental no planeta e máis especificamente no ámbito mariño, así como potenciar a reutilización de certos residuos atopados dándolle unha segunda vida ou uso alternativo a materiais que en principio non tiñan outro fin máis que incrementar o lixo que xera o ser humano.

As inscricións estarán abertas ata o venres 23 de xullo e non conlevarán custo algún para os/as participantes.

CINE FAMILIAR


SINOPSE
:

Turuleca é unha galiña singular. O seu peculiar aspecto desata as burlas do resto do galiñeiro, ata que un día, Isabel, unha  exprofesora de música, lévaa a vivir á súa granxa. Alí, feliz e en harmonía, a galiña descobre o seu gran talento oculto coa axuda de Isabel: Turuleca non só pode falar, senón que canta como xamais oíches cantar a unha galiña!

XÉNERO: Animación. Comedia.Infantil|Música. Aves/Paxaros.

DURACIÓN: 79 minutos.

ANO: 2020.

DIRECIÓN: Eduardo Gondell, Víctor Monigote.

GUIÓN: Pablo Bossi, Juan Pablo Buscarini, Eduardo Gondell.

MÚSICA: Sergio Moure De Oteyza.



PREMIOS:

  • 2020: Premios Goya: Mellor película de animación.
  • 2020: Premios Quirino: Nominada á mellor película de animación.
  • 2021: Premios Platino: Nominada á mellor película de animación.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal