Area de Saúde e Benestar

Obxectivo xeral:
Mellorar as condicións de benestar das mulleres atendendo ás necesidades específicas.

Obxectivo específico 6.1:
Implantar programas de Educación sanitaria que faciliten un mellor coñecemento sobre a saúde en xeral, sobre os cambios biolóxicos, e sobre calquera adquisición de hábitos saudables para mellorar a súa calidade de vida.
Actuacións
* Actividades (Campañas, charlas, etc.) sobre diversos temas:
- Cancro de Mama y Cérvix
- Planificación familiar (enfermidades de transmisión sexual, embarazos non desexados, etc.)
- Anorexia, Bulimia (trastornos mentais)
- Enfermidades crónicas: osteoporose, hipertensión, fibromialxia, diabete…
- Climaterio e menopausia
- Actividades relacionadas con temas como o consumo, a nutrición e a hixiene
* Mellorar a saúde laboral das mulleres
* Manter a actuación do programa de primeiros auxilios para mulleres coidadoras, amas de casa, etc.

Obxectivo Específico 6.2:
Impulsar a posta en marcha de programas sobre sexualidade saudable.
Actuacións
* Realización de campañas de prevención de embarazos non desexados e enfermidades de transmisión sexual en colaboración cos centros educativos e de planificación familiar

Obxectivo Específico 6.3:
Favorecer a integración da muller na sociedade potenciando a súa autoestima e a asertividade e xerando un maior valor social
Actuacións
* Creación de grupos de autoaxuda, en relación a determinadas enfermidades ou situacións sociais
* Obradoiros de desenvolvemento personal para mulleres

Todas estas actuaciones vanse levar a cabo polos seguintes organismos:
- Concello
- Asociacións
- Centros de Ensino
- Responsables da Radio
- Departamento de Servizos Sociais, Cultura e Deportes
- Representantes políticas e políticos
- Centros de Saúde
- Xulgado
- Forzas de Seguridade
- Biblioteca Municipal
- Punto de Información Xuvenil
- Escola Deportiva
- Farmacia
- Departamento de Orientación Laboral


Portal cidadán de Laxe © by Abertal