Á hora de poñer en marcha este I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, quédanos por último explicar o proceso de avaliación do mesmo, que proporcione información sobre o seu alcance en canto aos obxectivos propostos e no que se refire ao desenvolvemento do mesmo. Neste caso trátase dun proceso de avaliación continua que permita analizar a adecuación das accións á poboación diana.
O método que propoñemos para o seguimento do Plan baséase no uso de enquisas para cada actividade realizada, que conterán, como mínimo, os seguintes indicadores:
1. Organismo/Entidade responsable
2. Área de actuación
3. Obxectivo xeral e específico
4. Tipo de actividade
5. Denominación da actividade
6. Poboación destinataria
7. Nº de asistentes ou persoas beneficiarias
8. Ámbito xeográfico
9. Colaboracións (Organismos que puideron prestar a súa colaboración:
Asociacións, ONGs, Consellerías, etc.)
10. Financiamento (Indicar organismo e orzamento)
11. Data de realización
12. Valoración (Aspectos positivos e negativos da actividade)
Os datos recollidos das enquisas serán analizados cada 6 meses nunha
xuntanza de seguimento do Plan por parte das persoas responsables de que o mesmo vaia adiante.
Así mesmo, ó final de cada ano, elaborarase unha memoria anual onde se reflectirán a pertinencia, a eficacia e a utilidade en función dos datos
obtidos.
Avaliación dos Resultados
En canto á avaliación dos resultados deste I Plan de Igualdade, farase de xeito:
• Cuantitativo: contabilización das actuacións iniciadas ou non iniciadas ou sen finalizar, en función dos indicadores anteriormente sinalados. Ademais estudarase a evolución da poboación feminina dende a posta en marcha do Plan ata o ano de finalización.
• Cualitativo: obtención de información sobre a opinión de todas as persoas implicadas no desenvolvemento do Plan (Organismos implicados e colectivos beneficiarios).
Por último, e unha vez finalizada a vixencia do Plan, elaborarase un informe final no que se inclúan os resultados, indicando o que se fixo e cómo se fixo, ademais de incluír propostas para a mellora no deseño de plans posteriores.