ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

OBXECTIVOS XERAIS:

1. Experimentar as posibilidades comunicativas de linguaxes non orais como a expresión corporal, a expresión plástica e artística, a linguaxe musical... favorecendo a comprensión e valoración das potencialidades das mesmas nas súas diferentes facetas.
2. Achegar aos participantes á literatura desde unha perspectiva activa, lúdica e motivante.
3. Incrementar as capacidades expresivas analizando a súa potencialidade comunicativa.
4. Descubrir as posibilidades lúdicas do teatro como actividade de ocio.
5. Fomentar o gusto pola creación artística.
6. Estimular a fantasía a través do xogo dramático e das producións literarias.
7. Favorecer a participación e integración d@s alumn@s na actividade por medio dun traballo en equipo que enfoque o esforzo individual cara un obxectivo común, superando todo tipo de diferenzas de raza, sexo, estatus social, nivel económico, etc.
8. Fomentar o respecto cara outras persoas por enriba de todas as diferenzas individuais.
9. Crear ou potenciar unha conciencia de compromiso co entorno.

CONTIDOS:


• O corpo. Imaxe e percepción. Coordinación, recoñecemento das propias posibilidades e mellora das mesmas…
• O movemento. O xesto. Desinhibición. Equilibrio…
• A acción interpretada.
• A creatividade. Aproveitamento de diferentes recursos (dos medios de comunicación, informáticos, libros, láminas, teas, materiais de refugallo e naturais…) para a elaboración individual e colectiva de producións artísticas.
• O espazo. Estruturación espacial e temporal.
• O son. A voz. Articulación e dicción. Exploración das posibilidades sonoras e expresivas da voz, do corpo, dos obxectos e dos instrumentos. Desenvolvemento de hábitos de coidado da voz.
• Improvisación. Habilidades técnicas.
• Interpretación. A capacidade expresiva.
• Construción e estudo do personaxe.
• A iluminación.
• A maquillaxe. Caracterización.
• A produción.
• A creación literaria.
• O grupo.
• A representación.

PRODUTOS FINAIS:

-Creación de obradoiros de:
1-Maquillaxe.
2-Son.
3-Iluminación.
4-Atrezo.
5-Produción.
6-Literario (Achegamento a outros xéneros narrativos como a lírica ou a novela para a posterior incorporación á obra, achegamento á arte de escribir...)

-Posta en escena de obras escritas polos grupos ou escollidas entre a lectura de varias.

-Representacións para o concello e centros de ensino.
-Representacións en Galicia (unha nun Teatro Principal) e intercambios con grupos de fóra da Comunidade (Cataluña, Andalucía, Castela A Mancha, Canarias...). Crearase un circuíto estable de actuacións cos grupos participantes.

-Colaboración e implicación activa do alumnado na organización de:

  • Festival de teatro escolar "TEATRAPA" na última fin de semana de maio coincidindo co Fin de Curso da Escola Municipal de Teatro de Laxe.
  • Mostra de Outono de Teatro de Laxe.


PROFESORES:

Afonso García, de Alentía Teatro.


Contacto

Escola Municipal de Teatro de Laxe
Avda. Cesáreo Pondal, nº 26
15117 Laxe.

Teléfono
: 981 706 971
Fax: 981 728 025
Contacto Electrónico: cultura@concellodelaxe.com


Portal cidadán de Laxe © by Abertal