BIBLIOTECA PUBLICA MUNICIPAL "Antón Zapata García"

Biblioteca pública municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Laxe está inscrita no rexistro de bibliotecas e integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. Atópase situada na rúa Villa Amparo nº 23, e foi inaugurada en xuño de 1999. Por acordo do pleno do 18 de novembro pasou a denominarse “Biblioteca Pública Municipal Antón Zapata García” en homenaxe o poeta laxense do mesmo nome.

EDIFICIO E FONDOS

O local comprende unha superficie de 215 m2 dividida en dous espacios claramente diferenciados polo tipo de usuarios ó que van destinados: Un espacio infantil e un espacio de adultos. Os postos de lectura dos que dispoñemos son un total de 88, distribuídos do seguinte xeito:

Sala infantil: 32
Sala de adultos: 56


Sala infantil

O total dos fondos de libros rexistrados é de 6458 distribuídos como segue:
- Sala infantil: 2043 volumes.
- Sala xeral : 6018 volumes.
Polo que se refire ós denominados materiais especiais dispoñemos dos seguintes:
- Casetes: 72
- Vídeos: 25
- CD Rom : 122
- Discos : 2
- DVD: 120
Ademais, contamos coas seguintes publicacións periódicas:
La Voz de Galicia.
Bibliodiversidad.
Quo.
Muy interesante.
La aventura de la historia.
Natura.
Qué leer.
Computer.
Viajes.
Educación y bibliotecas.
El mueble.
Fotogramas.
National Geographic
Descubrir el arte.
Ruta 66
Dietética y salud
Mens´sHealth
Sport life


Portal cidadán de Laxe © by Abertal