É un rasgo característico da política municipal deste goberno tratar de achegar os diferentes servicios municipais a tódolos cidadáns do Concello. No terreo estrictamente bibliotecario o noso obxectivo é tratar de aportar solucións os problemas de exclusión que provoca a dificultade no acceso á información e o coñecemento.
Para tratar de paliar tal situación tendes a vosa disposición no Centro Social de Traba unha Axencia de Lectura. Agardo que esta Axencia de Lectura se amose como unha resposta axeitada as vosas necesidades formativas, informativas, culturais e de acceso ás novas tecnoloxías. Temo-la convicción de estar facendo algo absolutamente necesario para a evolución cultural da nosa sociedade polo que trataremos de continuar con esta política bibliotecaria de creación de novas axencias de lectura noutras parroquias do Concello.
Quedando a vosa disposición para calquera información adicional que precisedes.
Situación, horarios e fondos
A Axencia de Lectura de Traba está inscrita no rexistro de bibliotecas e integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. Atópase situada no Centro Social da parroquia de Traba e foi inaugurada en decembro de 2004.
O local comprende unha superficie de 45 m2.
O horario para poder utilizar este servicio é os luns e venres das 16:00 ás 18:00 horas.
Os postos de lectura dos que dispón son un total de 18, distribuídos do seguinte xeito:
Infantil: 6
Adultos: 12
O total dos fondos de libros rexistrados é de 2.491 distribuídos como segue:
Galego: 1556, Castelán: 935
Polo que se refire ós denominados materiais especiais dispoñemos dos seguintes:
- Casetes: 8
- Vídeos: 9
- CD Rom : 2
Ademais, contamos coas seguintes publicacións periódicas:
1. La Voz de Galicia.
2. Bibliodiversidad.
3. Quo.
4. Muy interesante.
5. La aventura de la historia.
6. Natura.
7. Qué leer.
8. Computer.
9. Viajes.
10. Educación y bibliotecas.
11. El mueble.
12. Fotogramas.
13. National Geographic
14. Descubrir el arte.
15. Ruta 66
16. Dietética y salud
17. Mens´sHealth
18. Sport life
Servicios básicos que presta:
a) Información bibliográfica
b) Consulta en sala
c) Préstamo a domicilio
d) Hemeroteca
e) Sección infantil-Xuvenil.
f) Acceso a internet.
h) Reprografía