Introdución

A biblioteca pública é un servicio de existencia obrigatoria dos especificados no artigo 26.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, para tódolos concellos que teñan máis de 5.000 habitantes, ou que conten cun núcleo urbano con poboación superior a 1.000 habitantes.

A competencia municipal respecto a esta materia está recoñecida nos artigos 25.2m) da citada Lei 7/1985, do 2 de abril e 80.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, baixo o título Actividades e instalacións culturais.

O presente regulamento establece o funcionamento da Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Laxe, declarando expresamente o carácter de servicio público adscrito á Concellaría de Cultura.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal