Artigo 13º.-Sancións e responsabilidades.
1.-A demora na devolución, a deterioración ou a perda dos fondos obxecto de préstamo, dará lugar á correspondente sanción, previa audiencia ó interesado. A competencia para resolver correspóndelle ó Alcalde ou, por delegación del, ó concelleiro de Cultura.
2.-A sanción pola demora na devolución consistirá na suspensión temporal do dereito ó préstamo de fondos polos seguintes prazos:
De cinco a quince días de retraso ................................... 15 días de retirada.
De dezaseis a trinta días de retraso ................................. 30 días de retirada.
Máis de trinta días de retraso .......................................... 6 meses de retirada.
3.- As sancións imporanse con respecto ó principio de proporcionalidade e teranse en conta a gravidade do feito constitutivo da infracción e os criterios de intencionalidade, reiteración, natureza dos prexuízos causados e reincidencia.
4.- En calquera caso, a persoa responsable do deterioro ou perda dun libro deberá repolo pola súa conta ou indemnizarlle ó Concello o seu valor.