Programas

Programas de Extensión Bilbliotecaria

A biblioteca pública municipal de Laxe intenta extender o seu radio de acción a través da realización de actividades de animación e préstamo fora do seu propio recinto. Dous son os programas:

a) LENDO ESPERO
Resposta á inquedanza da Biblioteca Municipal por introducir o libro para nenos en espazos diversos coa finalidade de fomentar a lectura noutros ámbitos que non sexa con exclusividade o espazo escolar. Esta proposta é para aplicar na sala de pediatría do Centro de Atención Primaria de Laxe, onde pais e fillos comparten un tempo de espera, que as veces se convirte en tenso polo silencio e a orde que hai que manter e que xeralmente é estéril porque non hai nada que facer, revélasenos como un momento axeitado para compartir unha lectura breve que distraiga e faga máis levadeiro este tempo. Entendemos que este tempo de espera nos centros de atención primaria permitirá:
- valorar o libro como unha distracción ou un entretenemento e posibilita a lectura nun espazo non formal. - reforzar a necesidade de valorar a lectura fora do ámbito escolar como unha posibilidade de ocio. esto é esencial para unha tarefa que a todos nos incumbe que é construir unha sociedade lectora. - a posibilidade de dispoñer de libros humaniza unha situación non agradable para os nenos e aporta calidade os centros públicos de saúde.

b) RECETAS DE LECTURA
O tempo da enfermidade supón para os nenos unha ruptura nos seus hábitos cotiáns e entre outras actividades as académicas e de asistencia á biblioteca.
Sabendo que o tempo que dura a enfermidade pode ser decisivo para que os nenos se aficionen á lectura, a biblioteca pública de laxe quere facilitar ó máximo o contacto cos libros de maneira que non perdan a posibilidade de encher o seu tempo cun libro.
A partires dunha chamada telefónica o 981-706967 ou o envio dun correo electrónico a biblioteca@concellodelaxe.com que realiza o socio á biblioteca e dando como referencia o seu número de carné, formulará unha petición concreta ó responsable do servizo de préstamo ou lle pedirá a este que lle suxira algún título, o bibliotecario ou o usuario a través de internet na súa casa poden consultar no catálogo de biblioteca http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-main.pl?session_local=LAXE1 se o libro que solicita está prestado ou si está libre. O bibliotecario completará un pequeno cuestionario onde anotará a petición e o enderezo do usuario.
O libro será entregado no seu enderezo polo persoal da biblioteca como máximo nas vindeiras vintecatro horas. Coidamos que este servicio non será moi solicitado polos socios pero a súa posta en marcha supón unha sensibilización importante para o noso Concello sobre a importancia da lectura. A idea de introducir o libro como elemento de entretenemento durante unha enfermidade pode ser moi valorado por pais e nenos. Este servizo de préstamo a domicilio vai dirixido a nenos a partir de seis anos e só inclúe o préstamo de libros. A entrega dos libros se realizará nos seus enderezos os lunes e venres en horario de 13:00 a 14.00 horas e os mércores en horario de 16:00 a 17:00 horas. Se prestarán dous exemplares durante un tempo máximo de 15 días. Á entrega do préstamo no seu enderezo o usuario deberá asinar unha folla que servirá á biblioteca para contabilizar os préstamos realizados. A devolución será polo propio usuario na biblioteca ou no caso de non estar recuperado avisando a biblioteca para que pasen a recollelos no caso de que non estivese recuperado da súa doenza. O número de solicitudes por usuario a semana será de dous.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal